Eventos
Neste mes das Letras adicado a Antonio Fraguas, o mestre etnógrafo, o ensino mira a Galicia, aos costumes, á paisaxe, ás tradicións, á memoria oral, ao patrimonio, material e inmaterial... E nós, tamén. Un ano máis, celebramos a III Foliada das Letras! Son os alumnos e alumnas quen nos sacan o punto, os que marcan o paso!
Participación activa: entidades do territorio. GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. alumnado de 2º de ESO. Sostibilidade. Salón de actos.
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
"Participación activa: entidades do territorio" foi a última charla que o alumnado de 2º de ESO tivo dentro do Programa Con-Ciencia, iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible, Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca).
Nesta ocasión, a empresaria Janira Somoza, membro da xunta directiva da Asociación de Empresarios de Noia e propietaria dun negocio de restauración, contounos da súa evolución e animou aos alumnos e alumnas a formárense e a seren emprendedores e emprendedoras. Un exemplo a seguir na contorna.
Agora queda a sesión de clausura. O 19 de xuño, unha selección do alumnado encontrarase en Muros cos rapaces e rapazas doustros centros que participaron no programa.